Pensándoo mellor non lles vou deixar tranquilos nin mentres estou ocupado noutros mesteres. Ou sexa que aquí van as ligazóns dun Documental de 2004 chamado O Futuro da Comida, moi crítico sobre o papel dos transxénicos na agricultura norteamericana. Que lles aproveite:
Archive for the ‘Uncategorized’ Category
Deberes para vacacións
Publicado por eSedidió on Decembro 22, 2009
Publicado en Uncategorized | 1 Comentario »
Pechado (provisionalmente) por exceso de traballo
Publicado por eSedidió on Decembro 21, 2009
Boas. Xa sei que algúns (supoño que poucos) de vostedes están a agardar as entregas finais de “Artificiais…”, e que teño tamén pendente o remate de “Miserábeis”, amén dalgunha outra cousiña. Pero é que a min o final de ano coincídeme case sempre con excesos de traballo, que este ano son case angustiosos, agravados con que a miña saúde xa non é o que era.
Polo tanto non me queda outra que suspender por uns días as publicacións dos temas pendentes ata tanto non me poña ao día no que me dá de comer. Espero que sexa cousa dun mes máis ou menos, e poda volver con novos ánimos. Ata entón, unha aperta a todos, e todo o que se di nestes casos: Bo Nadal etc.
Publicado en Uncategorized | 4 Comentarios »
Artificiais, naturalmente (I)
Publicado por eSedidió on Decembro 16, 2009
“Controla o petróleo e controlarás aos países. Controla os alimentos e controlarás ás persoas”. (Atribuída a Henry Kissinger. Mediados dos 70)
Boas. O outro día, levado por un exceso de entusiasmo, prometinlles a vostedes dedicar unha serie ao debate sobre a alimentación natural e as súas derivadas: agroecoloxía, transxénicos, productivismo agrario…. quen me mandaría a min. En fin, imos aló, agardando que poda espertar o seu interese e, sobre todo, que provoque algunha polémica da que saia algunha luz.
De entrada gustaría de fixar a miña propia posición, para evitarmos malentendidos:
- Acredito afervoadamente na ciencia e na súa parente próxima, a tecnoloxía, como un dos motores do progreso humano. Opóñome radicalmente a calquera intento, baixo prismas ideolóxicos, filosóficos ou relixiosos, de impedir os seus avances.
- Ao mesmo tempo, considero que a ciencia e a tecnoloxía seguramente non son nin boas nin malas, pero iso non quere dicir que sexan neutrais. Apelar ao carácter “obxectivo” da ciencia como argumento dun debate ideolóxico é, na miña opinión, tramposo. E acusar de ignorantes aos adversarios nese mesmo debate ideolóxico resulta, as máis das veces, miserábel.
- Non son ecoloxista, no sentido político do termo (que que son eu? iso querería saber ..) nin un hooligan da agroecoloxía, aínda que teño que confesar que goza de bastantes simpatías pola miña parte, o que xa é moito dicir falando de calquera actividade humana. No entanto, penso que a produción ecolóxica tal e como está concibida presenta puntos fortes e débiles e que, en calquera caso, non é a ferramenta máxica que permita resolver as crises alimentarias.
- Eu son un técnico da vella escola. Quero dicir que o lugar e o tempo da miña formación académica leváronme a acreditar na formulación teórica e nas grandes actuacións técnicas como motores, en última instancia, do progreso agrícola. Custoume moito tempo e moito contacto coa realidade desfacerme deses lugares comúns, pero non garanto que de cando en vez non me saia o ramalazo enxeñeril. Precisamente o mesmo ramalazo, teño que engadir, que nutre moitas das afirmacións dos defensores do productivismo agrícola dos 60 e do recurso indiscriminado á tecnoloxía de modificación xenética.
Publicado en Uncategorized | 7 Comentarios »
Agria polémica.
Publicado por eSedidió on Decembro 6, 2009
Boas. Hai uns poucos días vinme envolto nunha agria polémica -ao estilo das que tiña Ramón Aranguena con Iñaki Gabilondo, que a estas alturas hai quen non comprende o meu concepto de retranca-, por suposto sen querelo. Todo o mundo coñece o meu natural prudente e nada proclive a meterme en liortas. A cousa foi, pouco máis ou menos, como sigue:
Andaba eu ao meu, sen meterme con ninguén, revisando os meus blogues favoritos -en concreto o sempre refrescante antigourment- cando, maldita sexa, vou e fágolle caso a unha invitación do catalán que me chama tocahuevos para botarlle unha ollada nada menos que ao blog de Santamaría. Primeiro erro. Pois nada, despois de peitearme debidamente, limpar as orellas e botarme colonia -eu non visito según que templos sen me acicalar-, alá que me fun a ler un decálogo (realmente un bidecálogo, pois tiña vinte puntos e non dez, pero non era cousa de emendarlle a plana a un tipo con tanta estrela) bastante enxeñoso que por variar lle daba caña á cofradía de la gastroemoción. Reincidindo nos erros, din en ler os comentarios -algúns deles hooliganianos e outros críticos, como adoita ocorrer en todos os blogs agás neste, onde non entran máis que amigos- e atopei un politicamente correcto, isto é, que viña dicir Santamaría caca e Santamaría envexoso. Vostedes preguntaranse -con razón- que a min que carallo me importaba, e acertarán se pensan que absolutamente nada. Pero, que queren, terceiro erro: fun e deixei unha das miñas perlas a ver se picaba alguén e me puñan a parir (para entón estaba eu marchoso). Pero nada, nin puto caso. A cousa derivou nunha sesudisima e civilizadisima polémica -desta si acorde cun espazo tan fino- con referencias a Leo Harlem, Bardají, Oppenheimer, Taylor e o Proxecto Manhattan. Cando cheguei a ler unha cousa como “uno de los problemas que está sobre la mesa es el de la acaparación del discurso gastronómico por parte del pensamiento gastroanómico. La no consideración de éste como un epifenómeno” decidín que xa tiña abondo e que o mellor que podía facer era ir comer unha laranxa. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | 14 Comentarios »
Inefábel III
Publicado por eSedidió on Decembro 2, 2009
Publicado en Uncategorized | 15 Comentarios »
E menos mal que só é unha guía.
Publicado por eSedidió on Novembro 23, 2009
Boas. Revisando por riba os meus blogs de cabeceira atópome, tanto no meu admirado gastromimix -e iso que descobrín abraiado que un dos seus asinantes é seareiro de esloufút, para que vexan o tolerante que son- como na do non menos admirado colineta -desta foi no seu tuiter, esa especie de taboleiro de avisos sobre constipados e embarazos propios e alleos- co runruneo de todos os anos, que según vaia pasando o tempo empezará a coller tintes histéricos, xa o verán vostedes. Trátase do novo reparto de estrelas que fan uns señores pertencentes a unha guía promocionada por un subministrador de pneumáticos, nada menos.
Eu esa guía empregueina cando era máis novo (aló polos 80) e aínda viaxaba algo, e recoñezo que me resultou útil para atopar onde comer ben e barato no quinto carallo, tanto en España como en Portugal. Claro que había algúns establecementos cun prezo fóra do meu alcance e sinalados cunha ou varias desas estrelas. E punto, que non é pouco. De feito, aínda conservo dous ou tres exemplares daquela época.
O de agora eu simplemente non o entendo. Ou si, se é que é unha cuestión de pasta. Poñamos que o feito de que te retraten como multigaláctico permíteche subir os teus prezos e/ou a túa presenza nos papanatamedia. Pero iso supoño que terá unha contrapartida. Dende que che dean o chirimbolo alá foron as túas noites de durmir sen sobresaltos. Poñamos que és un cociñeiro cojonudo cun restaurante saneado, ao que vai a xente a cear polo procedemento boca-orella. Gáñaste a vida decentemente. E, zaka, cáeche a estrela. A partir de entón, acojonado perdido de que non cha quiten. Porque se cha quitan, amiguiño, cagháchela. Abonda, que sei eu, que che pillen nas patacas ou nas vieiras para tirar pola borda un montón de anos e un montón de esforzos.
Falo en serio: eu desas cousas non entendo. Pero se eu fose cociñeiro e me viñeran cunha estrela desas diríalles que a meteran polo cú. E de paso faría o posíbel para que se enterara todo Cristo. E prohibiría que se fixera mención ningunha ao meu restaurante nesa guía. Ao mellor non incrementaba a miña clientela. Pero durmir, oigan: coma un neno.
Publicado en Uncategorized | 4 Comentarios »
…dúas de Marcas….
Publicado por eSedidió on Novembro 23, 2009
Boas. Continuamos cos temas pendentes.
AS FIGURAS DE PROMOCIÓN DA ORIXE POR EUROPA ADIANTE
Unha cuestión que reviste un certo interese -polo menos para min- é botar unha ollada a como marcan os diferentes países europeos as súas estratexias de defensa dos produtos con garantía de orixe. A Unión Europea mantén -daquela maneira, pero a mantén- unha Base de Datos sobre os produtos con DOP, IXP e ETG, agás viños, inscritos en Europa, chamada DOOR (Database of Origin and Registration), na que se recollen os datos principais (nº de expediente, categoría comercial, denominación) e a través da cal é posíbel atopar o expediente completo de cada produto. Dentro da DOOR inclúense os produtos xa rexistrados xunto con aqueles que están simplemente solicitados, á espera da aprobación, e presenta dúas características de interese, unha boa e unha mala:
- A boa é que recolle unha información notabelmente completa e referida non só aos produtos da UE, senón aos procedentes de terceiros países que solicitaron a inscrición no rexistro. Para moitos -e para min- resulta unha sorpresa o descubrir que a inscrición no rexistro europeo non está restrinxida aos países da Unión. Non son moitos produtos, pero algún hai.
- A mala é que a Base de Datos está deficientemente xestionada: existen rexistros de produtos repetidos (por exemplo, para algún produto inscrito mantense o rexistro da solicitude). Así, os Cadros resumo que figuran a continuación conteñen un exceso de datos que estimo entre un 5 a un 10%, que non é cousa de poñerme eu a facer o traballo que eles non fan. De todos os xeitos, as táboas son todas de elaboración propia a partires dos datos extraídos da DOOR.
Publicado en Uncategorized | 4 Comentarios »
Unha de Marcas.
Publicado por eSedidió on Novembro 18, 2009
Boas. Como saben, escribín xa varias veces en relación cos produtos alimentarios con garantía de orixe. E o caso é que, durante a procura de datos para documentar os traballos, téñome atopado en moitas ocasións con informacións que indican un estado de confusión sobre o que representan as diferentes figuras de promoción, ben sexan marcas comerciais, de garantía ou ligadas á orixe. Cómpre recoñecer que o tema está bastante liado a nivel normativo é que non sempre é doado seguir o fío. Ou sexa que toca hoxe poñer o pucho de filántropo e preparar outro tema de oposicións -ma non troppo-, desta vez sobre Marcas.
Por outro lado, aparecen periodicamente noticias relacionadas con novas denominacións ou con modificacións das existentes (a penúltima, a solicitude de prohibición de variedades como o Albariño ou o Godello fóra das nosas fronteiras), e nos foros desátanse agrias polémicas (de novo, ma non troppo) sobre se as figuras de promoción da orixe deben ser macro (modelo “cousas de comer de Galicia”) ou micro (versión “o viño da parra que teño debaixo da horta do cura”). Para non estenderme demasiado neste, dedicarei outro post a botar unha ollada a como está a cousa por Europa adiante, e tamén a dar a miña opinión, que xa saben que se non me meto nun charco rebento. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | 8 Comentarios »
Cociñeiros ou mecánicos?
Publicado por eSedidió on Novembro 15, 2009
Boas. Hai uns poucos días lin na de D. Jorge Guitián un post [la dictadura del plato cuadrado (o del camarero vestido de negro)] esclarecedor por demais: resumindo moito, trata sobre o fartazgo que a algúns membros da gastrosfera estalles a producir a sobreactuación de certos establecementos de restauración, que substitúen a falta de ideas e mesmo de calidade culinaria cunha parafernalia “de deseño”, simbolizada no artigo no abuso dos pratos cadrados ou nos uniformes negros do persoal do restaurante (desculpe, Sr. Guitián, o groseiro do resumo).
Nos comentarios a este artigo houbo un que me chamou particularmente a atención: o de delokos (editor dun blog moi interesante cheo de receitas e sentido común), que dunha maneira un tanto críptica (nas súas propias palabras) falaba do uso e abuso de pratos preparados ou precociñados no mundo da restauración. Eu, que son menos críptico e bastante máis imprudente, quero aproveitar ese fío para facerlles chegar algúns exemplos, unha anécdota e un par de reflexións relacionadas con ese tema. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | 8 Comentarios »
De urbanismos e ruralismos.
Publicado por eSedidió on Outubro 8, 2009
Boas. Despois dun par de post con sabor a política, volvo ao meu, que é o agro, pero conste que ameazo con volver, como sigan a inflarme as meninxes.
Dun tempo a esta parte andan a aparecer nos xornais diferentes noticias sobre a modificación da vixente lei do solo galega, que afectará a nonseicantos Plans Xerais de Ordenación Urbana. Parece ser que está a prepararse, polo Goberno Feijóo, un plan de medidas urxentes para a reforma da Lei, que conta xa co beneplácito da FEGAMP, e que vai afectar fundamentalmente á construción no medio rural.
Pero o caso é que non existe esa Lei do Solo. Hai unha “Ley del Suelo” española, pero en Galicia o instrumento que regula esas materias é a Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural, redactada e deseñada polo equipo de Xosé Cuíña e que sufriu tres modificacións: unha no tempo de Núñez Feijóo como Conselleiro do ramo (lei 15/2004) e dúas no bipartito (lei 6/2007 e lei 6/2008).
Tanto na primeira redacción como nas sucesivas, incluído o pouco que se sabe da nova proposta, a parte “protección do Medio Rural” da lei non é máis ca un rótulo de corrección política. Nin sequera lle faltan as correspondentes referencias ao desenvolvemento sostíbel para converterse nun texto máis deses que non levan a ningures. Mellor dito, levan a algún sitio ben diferente do expresado no seu título.
En realidade, se obviamos a exposición de motivos, inzada de referencias bucólicas aos grandes valores paisaxísticos, ao patrimonio natural, á ordenación do territorio e demais zarandajas gratuítas, o enfoque da lei é o de sempre: onde e como construímos. O territorio rural é conceptuado como unha especie de reserva comanche, que permanece á espera dun aproveitamento posterior, obviamente para vivendas. De feito, segundo parece, a discusión da nova reforma céntrase en se hai que deixar construir só nos núcleos rurais ou ampliar esa posibilidade á construción entre dúas vivendas illadas. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | 14 Comentarios »
Eu quero ser turco.
Publicado por eSedidió on Outubro 3, 2009
Non, non se me alporicen os LERInistas: non é que teña pensado cambiar as miñas querencias futbolísticas da equipa do Sur á do Norte, aínda que os últimos resultados dese feixe de tuercebotas fan que ún considere seriamente a posibilidade de facerse seareiro do Rápido de Bouzas.
O asunto ven por unha noticia de hai uns días relativa a unha demanda de extradición de Turquía ao Reino Unido, nada menos que dunha ex membro da realeza: Sarah Ferguson. A cousa foi que a boa da señora, ao máis puro estilo Mercedes Milá, cámara oculta en ristre, colouse de rondón nun orfanato turco para denunciar as condicións de trato aos nenos, que non cuestiono que sexan lamentábeis. O malo é que, en Turquía, o numerito en cuestión é un delito, e tal como son os cárceres turcos, supoño que a Sra. Ferguson pasará unha temporada sen saír de baixo das saias da Raíña, non vaia ser o conto que lle ocorra o que a Pinochet.
Independentemente das boas intencións da aristócrata, que non poño en dúbida -outra cousa é a visión tan británica da palla no ollo propio e a viga na allea-, o cerne da cuestión non está -tal como predica a Sra. Milá, coñecida especialista en destapar “escándalos” – en xustificar o uso da gravadora “cando se persigue un delito”, entre outras cousas porque, a pesares da súa actitude de cabo furriel de húsares, que eu saiba Mistress GranHermano carece de cargo ou encomenda como autoridade pública. Nin sequera a discusión debería ser sobre cando e onde é lexítimo empregar a técnica do bolso con burato e videocámara Sony para obter unha ilustración máis ou menos cutre a unha información máis ou menos baladí. A elección debería consistir en penalizar o atropelo con penas de cárcere ou simplemente con traballo social reeducativo. E de aí non baixo. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | 9 Comentarios »
Analoxías idiotas.
Publicado por eSedidió on Setembro 29, 2009
E digo eu, da mesma maneira que Porto é Porto e non Oporto, nin O Porto nin El Porto, Coruña non podería ser Coruña e nin A Coruña nin La Coruña, e despois que cada un lle poña o artigo determinado aseghún lle conveña ou lle pareza máis bonito???
Nota Acraratoria para Patxis e/ou Pachis: Que unha cidade teña dous nomes oficiais está ben (ou non, que niso non me meto), sempre e cando sexan do estilo Vitoria-Gasteiz, Fuenterrabía-Hondarribia ou Pedernales-Sukarrieta, poñamos por caso. A Coruña/La Coruña non son dous nomes oficiais, é unha gilipollez con dous artigos.
Nota Acraratoria 2: Se insisten na gilipollez, que primeiro cambien a lei, non sexa que nos dean ideas aos contribuíntes e decidamos de motu propio aplicar criterios de conveniencia ao pago do IVE.
Publicado en Uncategorized | 6 Comentarios »
Sine agricultura nihil.
Publicado por eSedidió on Setembro 26, 2009
Boas. Quérolles dedicar este post, agarimosamente:
A todos os que pensan que o noso futuro está no deseño, nas TIC e no I+D+i+x+y+z, sen querer ver, pobres ilusos, que Sillicon Valley está xa inventado, e que o mundo non anda agardando a que nós espabilemos.
A todos os que apostaron polo textil, la-moda-gallega e demais zarandajas. e aos que lles quedou cara de tontos ao ver que os nosos grandes e patrióticos industriais levaban a a súa fabricación primeiro a Portugal e agora, moito, moito máis lonxe.
Aos que pensan que cómpre apoiar sen ningún tipo de límite unha industria automobilística como a nosa, nas mans dunha multinacional que ten demostrado ate a saciedade que non lle trema o pulso á hora de “deslocalizar” a produción.
Porque son os mesmos que consideran que “ciertas actividades con gentilicio gallego -la leche, la pesca, la energía- que, vistas con realismo, apenas son más que fragmentos estratégicos de una economía con vocación de proteccionismo y subvención” (San Barreiro dixit). Ou os mesmos que pensan que a agricultura e o rural son os atrancos para a construcción dunha conciencia nacional galega, sexa iso o que fora.
Non lles direi que, de tanto ollar para as marabillas do mundo, poderáselles estar quedando cara de neoiorquinos, pero o cerebro seguirá a ser construído na Estrada. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | 9 Comentarios »
Desmontando a Kobe (e II).
Publicado por eSedidió on Xullo 13, 2009
Ben. Continuamos:
A CARNE
A carne de Wagyu -e non só a coñecida como Kobe- presenta, como dicía antes, a característica do seu marmoreado, unha infiltración de graxa nos espazos que rodean os feixes musculares (intermuscular) e dentro das propias estruturas musculares (intramuscular), amén dunha grosa capa de tecido adiposo que rodea as pezas. Nese senso chama a atención a similitude que ten visualmente coas pezas de porco ibérico criado en extensivo.
Esta graxa ten -fundamentalmente polo tipo de alimentación- outra característica: a súa abundancia nos chamados ácidos graxos monoinsaturados (ácido oleico). Contén unha ratio superior a 2:1 na relación monoinsaturados/saturados, fronte ao que adoita ocorrer no resto das carnes vermellas, nas que predominan os ácidos graxos saturados. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | Etiquetado: boi, Carne, Kobe, Orixe, vacún, Wagyu | 6 Comentarios »
Inefábel II (plan de austeridade)
Publicado por eSedidió on Xullo 12, 2009
Aínda que, rompendo a tradición, non é un Cover meu, déixovos aquí unha xoia que ven moi a conto nestes tempos de aforro e austeridade.
O conto é o seguinte: Houbo un momento no que o Goberno Basco reducíu fortemente as axudas as Euskaltegi (escolas de euskera para adultos), que responderon con esta canción:
A tradución máis ou menos é ista:
Di a Eusko Jaurlaritza [o Goberno vasco] que non hai cartos, pero que casualidade, fáltanlles os nosos. Pero moi cedo verán, joder, que estamos até os collóns, joder,estamos até os collóns. Nor – Nori – Nork [conxugación intraducíbel, que sería máis ou menos: Que - A quen - Quen ou Que] condicional e subxuntivo joder, condicional e subxuntivo, joder,
coñecemos o condicional. Os ertzainas compraron un helicóptero da hostia pero para que queren un aparello así Pero moi cedo verán, joder, que estamos até os collóns, joder,
estamos até os collóns. Nor-Nori-Nork…….
.
Nota a ter en conta é que os bascos, sempre que queren soltar un taco, recorren ao español.
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario »
Desmontando a Kobe (I).
Publicado por eSedidió on Xullo 9, 2009
Boas. Este post tiña que ser o remate da serie dos bois pantasmas, pero, ao comezar a escrita, decateime de que o fundamental estaba xa dito, e todo o máis que podía facer era encher espazo aburríndovos con paridas.
De modo que resumo e comezamos con outra cousa.
De todo o negocio ese das carnes impostoras, o pagano fundamental é o comebois ou lechuguino. Trátase dun individuo, varón case sempre, gastador compulsivo en gadgets coquinarios perfectamente inúteis, en viños sobrevalorados e en paparotas. Tense a si mesmo por moi informado, pero non é así: confía demasiado no que din os suplementos semanais de estilo dos grandes xornais, nas páxinas web adicadas ao sibaritismo e, ultimamente, nos foros paralelos de determinados medios nos que, amén de comentar a última felonía de ZetaPé ou a tese de que el-gallego-realmente-es-un-dialecto-artificial-creado-por-los-del-bloque, fan un repouso no camiño para comentárense os uns aos outros o que comeron, o que beberon e sobre todo o que gastaron o día anterior. Como carecen do menor espíritu crítico, e realmente fan moito ruido, o conxunto convértese nun ruxe ruxe de tópicos e lugares comúns non contrastados que rematan por impregnar ao resto dos medios.
Un craro exemplo do que está a suceder é o fenómeno do “buey de Kobe”. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | Etiquetado: Carne, Kobe, Orixe, Wagyu | 9 Comentarios »
Á procura do boi pantasma e das pantasmas comebois (II).
Publicado por eSedidió on Xullo 8, 2009
Boas de novo. Unha vez aturada a paliza dos antecedentes históricos, vou tentar facer un pequeno repasiño de cal é a situación actual deste simpático e parasicolóxico animal.
Obviamente, censo de bois non hai. Pero tirando de aquí e acolá din con algunhas informacións que poden resultar úteis:
- Existe algún caso, no sul da provincia de Lugo e tamén na de Ourense, de crianza de parella de bois de razas autóctonas galegas (teño que facer aquí unha disgresión ou se non revento: compriría, a quen corresponda, ser un pouquiño máis animoso á hora de divulgar a súa existencia, que sabemos máis do Kobe que da Cachena). Dicía que eses produtores crían parellas de bois autóctonos para seren vendidos en Euskal Herria, con destiño ao seu uso nos deportes rurais (e pasado o tempo, convertidos en Euskal Txuletonak, ou como raio se diga).
- Tamén existe, nalgunhas explotacións dispersas -fálase de arredor de dez, pero eu penso que son algunha máis- crianza de bois para carne, principalmente por sistema de cebado. Eu teño identificado explotacións deste tipo nas catro provincias, pero cun reducido número de animais. Tan é así que ate o mismisimo ex emperador dos gastrogurús anda polo país á procura de material. Por certo, que ou é unha incorrecta transcrición froito da maldade do xornalista (cousa que non me estranaría) ou habería que explicarlle ao astro que bois sen capar vai ser que é que non che hai.
- En plan lenda urbana teño escoitado que hai aínda algún boi de corte dos que falaba anteriormente, deses alimentados con caldo e papas de millo. Até referíronme que, nun caso era tal o tamaño da criatura que non a daban sacado da corte e moito menos metido no camión. Mágoa que non o vira.
- No resto do Estado están a haber experiencias illadas interesantes. Conque, se non espabilamos, perderémolo tren, coma sempre.
- O resto dos bois, de fóra, procedentes de explotacións intensivas de cebo, en base a cereais e piensos concentrados , de arredor de 36 a 48 meses. É o caso do Irish beef ou os cebóns procedentes de Dinamarca, Arxentina ou nova Zelanda, por poñer algúns exemplos. Destes atópanse cortes con certa facilidade mesmo en grandes superficies, a prezos relativamente altos (aínda que sen chegar ao desatino da vaca bebedora de cervexa da que falaremos máis tarde se hai ocasión).
Publicado en Uncategorized | Etiquetado: boi, Carne, cebón, galego, vacún | Deixar un comentario »
Á procura do boi pantasma e das pantasmas comebois (I).
Publicado por eSedidió on Xullo 7, 2009
Boas. Hai uns poucos anos (2005), para un traballo profesional, fixemos (eramos varios, non é que agora empregue o plural maiestático) unha pescuda en Internet verbo das referencias “boi galego”, “buey gallego”, “cebón galego” e similares, e atopamos -excluíndo as correspondentes ao marisco- un total de arredor de 20.000, case todas elas con contidos que ían dende a oferta en restaurantes de todo o Estado de “chuletones de buey gallego”, ata receitas, pasando por descricións máis ou menos afortunadas da maravillosa experiencia que supuxo a súa cata. Curiosamente, moitas desas experiencias son relatadas en parella (habería que investigar a influenza do chuletón no afortecemento dos vínculos conxugais. Déixoo por agora para mellor ocasión, ou brindo a idea para que a desenvolva algún colega: sonvos así de filántropo). A mesma pescuda repetida estes días deu resultados bastante menores, pero aínda así, impresionantes.
Pois vai ser que non. En Galicia non hai bois, nin cebóns nin dos outros, dende hai décadas. Ou polo menos non os hai en cantidades máis que anecdóticas. O que o restaurante oferta a bombo e platillo, e a feliz parella degusta con frenesí, é, ou ben vaca (dignísima, pero con dobre cromosoma X, e non XY) ou ben é boi cebado de orixe irlandesa, do norte de Europa ou de Arxentina. Non teño nada contra esas orixes, pero galego non é, e de cría industrial as máis das veces. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | Etiquetado: boi, Carne, cebón, galego, vacún | 5 Comentarios »
Inefábel.
Publicado por eSedidió on Xullo 7, 2009
Se queren ler algo realmente divertido, e non son precisamente fans do dueto Adriá – Arola, boten unha ollada
Publicado en Uncategorized | 2 Comentarios »
A truculenta (ou case) traxicomedia do pemento de Padrón (e II).
Publicado por eSedidió on Xullo 4, 2009
PARTE SEGUNDA: O NÓ
Damos un salto no tempo de 15 ou 20 anos. Estamos nos primeiros 80. A situación xa colle tintes dramáticos: hay pementos “de Padrón” de pai descoñecido procedentes de todas partes, a maior parte deles mediterráneos, que inundan o Estado (eu, que daquela estudaba en Madrid, non vía outra cousa en cada tugurio que entraba que un carteliño que rezaba: “Pimientos de Padrón; unos pican y otros non”, a partir do que che servían un plato recocido dunha cousa que rabeaba, xa fóra inverno ou verán). Prodúcese un primeiro intento de produtores de Herbón de defender os seus intereses, creando a marca “Pimherbón”, cunha referencia esplícita xeográfica a Padrón -un mapa- e a Galicia, o que ven contestado cunha chea de marcas de nome similar -por exemplo, Pimerdrón, non lles soa como o do Vermú Martínez?-, mapas de todo pelaxe e galicias por doquier. Case todas elas contendo dentro pementos murcianos: aínda non era tempo dos pementos marroquinos, pero todo se andará. Ler o resto desta entrada »
Publicado en Uncategorized | Etiquetado: Batallán, Nouturnio, Pemento de Herbón, Pimiento de Padrón | 5 Comentarios »
