Éche o que hai
Boas. Francamente non sei moi ben o que fago aquí e o que vou durar. Pero imos aló.
A todos dános, en maior o menor grao, por combater os nosos medos (á crise, ao paso dos anos, á soidade….) dunha maneira ou doutra. A min deume por cantar.
Benvidos pois e escoitade (se queredes).
-
-
DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS
Xa sei que o eu-ísmo é o principal inimigo dos blogs e os seus lectores, pero apelo á vosa benevolencia, e á vosa paciencia, para explicar un pouco os meus rasgos persoais máis destacábeis, co fin de que poidades comprender o fin último de toda esta historia. Veredes:
- Teño unha enorme dificultade para meter a lingua no peto, ou mellor no cú, nos momentos nos que debería facelo.
- Non son nacionalista. Mellor dito, son nacionalista autófago, ou sexa, a miña nación somos eu e o que inxiero. De ter algunha ideoloxía podería definirme como indepedentista e monárquico, isto é, son firme partidario da búsqueda por terras do Brasil dalgún taxista pernambucano e mulato que poda ter trazas de sangue real, para así proceder á solemne restauración do Antigo Reyno.
- Teño tamén a desgraza -non buscada- de que haxa algo máis de media ducia de persoas que dependen económicamente de min. Alguén podería entón definirme como empresario, pero eu francamente non me vexo.
- Son un enfermo: teño unha dificultade conxénita -agravada polo sobrepeso- de rego cerebral en canto apreto o colo cunha garabata.
- Aínda que non son cobarde, téñolle terror a unha cousa: en canto escoito a alguén dicir iso de “que conste que soy más galleg@ que nadie” ou pior aínda”soy más galleg@ que el lacón con grelos”, perdo o oremus, métome debaixo da cama e non saio até que escampa.
- Dicen de min que teño mal carácter. Mentira. Quen ten mal carácter é o mundo. Eu o que teño é mal xenio.
- Finalmente, estes son os meus símbolos de identidade:
O Himno
E a bandeira
Gastromimix dixo
Hasta hoy no había leído este apartado, soy así, vaya, eres un buen tipo. Digo yo!
No entiendo (perdón) el num4 pero me reafirmo en 1,2,5,6 y la bandera, a música ainda no la escuché.
Tengo un trabajo (necesita una corrección) sobre la gastronomía en Galicia, realizado desde la ignorancia, bibliografía y listo. Como eso no puede ser del todo buenooooo y no quiero pasar por patán… ¡Quizás te apetecería revisarlo! Corregirlo y aumentarlo. No te quiero enrredar, o si, pero si le echas un vistazo… Por supuesto si crees que lo mejor es dejar un comentario con sangre tras el post… dale dale y dale
Ya terminé con los esloufudis, vaya tela!!! Qué manera de escribir, de leer, de documentarse… y el irreverente soy yo, ya!! ¿Conoces Eurotoques?
eSedidió dixo
Eurotoques? JA….. eres un puñetero provocador. Qué quieres, que no me den de comer más que en McDonalds? Mejor lo dejamos, que esloufút me queda más a desmano, y estos cualquiera sabe….
El Nº 4 dice que tengo dificultad congénita para apretarme el cuello con unha corbata.
El trabajo sobre gastronomía gallega, pasámelo cuando quieras (te envío mi correo al tuyo). De todos modos, por aquí hay gente mucho más experta que yo en ese tema, pero todo lo que pueda colaborar, aquí me tienes.
Y lo de que soy un buen tipo, no creo… pero tambien jodería si me presentase a mi mismo diciendo que estoy implicado en Gürtel.
La música es un tema portugués traducido al gallego que viene a decir lo mismo que los puntos 1 a 6.