Éche o que hai

Unha ollada crítica (e asocial) ao tenderete alimentario.

EOQ na casa de todos (I): O sector agrario galego (así, en xeral).

Posted by etxeoquehai o Febreiro 27, 2014

Boas. Inauguro hoxe unha nova andaina do éche o que hai, que supoño que vai durar pouco, como todo o que emprendo ultimamente. Trátase do formato videoblog. Ou sexa, servidor dando o coñazo, coma sempre, pero desta en formato video, que así aforro andar tecleando.

Aproveito para isto que o outro día recibín unha invitación do noso Parlamento para comparecer diante dunha comisión desas que fan alí, nesta ocasión relativa ao borrador da nova Lei do Solo. Se lles digo que recibín a invitación con sorpresa míntolles, porque xa fora debidamente avisado polo amigo que recomendou a miña presenza en tan ilustre casa (non sei moi ben por que, a verdade). Ultimamente os amigos – será porque me ven algo escarallado-  andan emperrados en convidarme a participar en saraos varios, tais que cursos en universidades de verán, artigos en revistas prestixiosas ou presenzas en sancta sanctora. Alá eles, que parece mentira que a estas alturas non me coñezan ….

O caso é que aproveito que existe gravación da comparecencia -a versión completa está no arquivo do Parlamento, concretamente aquí, pero dura máis dunha hora, polo que a visualización non é recomendábel se non és parente próximo- para facer unha pequena escolma do dito. Como eu son un tipo que ten certa tendencia a dispersarse, ao final rematei por falar -ademais do que me pediran- directamente do que me deu a gaña, incluíndo un par de regañinas aos señores deputados e deputadas, por suposto co maior respecto e consideración.

Ao revisar a miña intervención -obviamente por puro narcisismo – decateime de que había algunha cousa, relacionada co presente e o futuro da agricultura galega que non quedara mal de todo e que ao mellor podíalle resultar de interese a algún de vostedes. Ía dicir que para facer un pequeno debate, pero non o digo, que iso dos debates non funcionaba neste chiringo nin nos seus mellores tempos.

O primeiro corte dura algo así como 5 minutos, e refírese á miña visión xeral -e, como non, pesimista- sobre o noso sector agrario. Velaquí o teñen:

Non me queda máis que pedir desculpas polas miñas deficiencias no uso do galego normativo ao longo da intervención. É que, cando me poño nervioso, castrapizo cousa mala. E, francamente, estar no templo da democracia acojona un huevo.

About these ads

8 Respostas to “EOQ na casa de todos (I): O sector agrario galego (así, en xeral).”

  1. Sihomesi said

    Daslle un certo aire a Cafrune, que para falar do campo acáelle ben

  2. etxeoquehai said

    Conste que meditei se cortar o pelo e levar corbata, pero ao final foi que non. De todos modos, ten delito que un filosofe cousa mala para que ao final a peña namáis se fixe no sexapíl.

  3. starbase said

    Interesantísimo, y lo digo habiendo visto la versión larga. Voy proceder a compartir link en tuister y demás puertas del infierno, lo digo por si acontece que le baja el nivel de azúcar con el disgusto. Mejor ir avisado…

  4. etxeoquehai said

    Naaaaaa…. si yo ya estoy curado de espanto, pero si a alguien le rersulta de interés, bienvenido sea.

  5. starbase said

    Bueno qué, ¿Cuando viene el II? :)

    http://es.wikipedia.org/wiki/Inducci%C3%B3n_matem%C3%A1tica

  6. etxeoquehai said

    Hummmmm…. trasacordo… para inferir por indución que despois do I virá o II deberiamos ter como mínimo unha serie de II elementos do tipo I,II; …. Asi si, dado que entenderiamos que a serie era i=i+I. Por outra parte, de ser así, o que viría agora sería III, dado que I e II xa estarían explicitados.

    Non sei se ficou claro.

  7. starbase said

    Clarinete, eu con que teña mi dosis concordo con todo!!! :D

  8. etxeoquehai said

    Pois iso

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: