Éche o que hai

Unha ollada crítica (e asocial) ao tenderete alimentario.

De que estaba eu falando?

Posted by etxeoquehai o Decembro 13, 2013

Ah, si, coño… de alimentación. Pois dicía que…… (para remedo máis ben torpe de Frei Luis de León xa abonda. Pero, que queren, meus, é que non me podía resistir).

O caso é que a reforma aínda non esta lista de todo. Fáltalle a man de pintura e o recauchutado de alma de servidor, pero poñamos que estamos saíndo da fase ameba para adentrármonos na fase reptil.

De modo que vaian facendo sitio nas súas axendas que isto comeza nuns diíñas. Home, non vai ser tanto como augura un bo amigo, que cando se enterou dos plans envioume un mail que encabezaba cun “Vuelve el Anticristo” (francamente, non teño nin idea de a que se refería  :-)), pero algunha emoción -das auténticas, non das que supostamente aparecen cando alguén cata un comistrajo- si que prometo.

De entrada falaremos dunha cuestión de hai uns días, que eu francamente pensaba que desataría un vendaval na rede, pero que pasou practicamente sen que a ninguén se lle movese unha patilla (ou polo menos sen que eu me enterase): o follón ese que hai coas hormonas que lle están a meter ás vacas para que dean más leite.

Gardo na recámara -ademais dos temas que quedaron a medio desenvolver- un par de cousas de enjundia, produto seguramente do rencor e da envexa que me suscitan os trunfadores do mundo este gastronómico. É que, na miña opinión, durante estes meses de dor e penitencia, aínda que eu non tiña o corpo para moitas atencións a gilipolleces, o proceso de idiocia crecente que está a sufrir o mundo altogastronómico, pequenogastronómico e os seus respectivos satélites, acada xa cotas tan estratosféricas que non quedou outra que enterarse. A ver se entre todos poñemos un pouco de sensatez, que xa vai sendo hora.

Pois nada. Que permanezcan atentos a sus receptores.

About these ads

6 Respostas to “De que estaba eu falando?”

  1. @liza said

    Hostias! andábache a cousa moi plana. A ver se van acertar de chiripa e o tunel tiña saída.
    Alegrámonos e facemos estiramentos no sorriso, que xa o tíñamos anquilosado e entumecido.
    Noraboa.

  2. etxeoquehai said

    A alghún poñíalle eu a facer de tuneladora cos dentes. Benvid@, e que sexa para moitos anos.

  3. starbase said

  4. etxeoquehai said

    Ui que medo……

  5. Xesco said

    Por fin una buena noticia, ya era hora, coño! Modo espera ON (en modo impaciente también). Una alegría, oiga.

  6. etxeoquehai said

    Estoy oxidado, paciencia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: