Éche o que hai

Unha ollada crítica (e asocial) ao tenderete alimentario.

Definitivamente comprobado: fan todo o posíbel por asemellarse ao que penso deles.

Posted by etxeoquehai o Abril 16, 2013

Moi boas, ou non.

Escribo a unlla de percebe, e sen reflexionar -sei que despois seguro que me vou arrepentir- sobre unha noticia parecida onte no Correo Gallego, no que a equipa de goberno da Universidade de Compostela anuncia -ou lanza globos sonda- modificacións no seu mapa de titulacións.

Do total de trapalladas lidas hoxe estou aquí a largar bilis por un cachiño de declaración que aparece case ao final, realizada polo vicerreitor López, no que apunta a fusión das titulacións de Enxeñería Forestal e do Medio Natural -antes Enxeñería de Montes- e “da Agrícola” (supoño que se refire ao grao en Enxeñería Agrícola e do Medio Rural, antes Enxeñería Agronómica).

Como se non tivésemos neste país que dios confunda abondo co desprezo que tirios e troiáns fan do noso sector agrario, e coa desfeita e o dano irreparábel que o plan da salsa esa dos spaghetti vai facer ao noso sistema universitario, agora vai esta tropa e dedícase a planificar, en base a non sei que criterios numeristas de se tal ou cal titulación ten máis ou menos matrículas, no canto de esforzarse en facer atractivas as titulacións mediante a mellora da formación. E non é cuestión de medios, non: é unha cuestión de imaxinación, de vontade e -por que non- de humildade, basicamente. Claro que as materias “Imaxinación” e “Vontade” non figuran nos POD. No tocante á “Humildade”, o concepto mesturado con “Universidade” resulta un oxímoron de manual.

Miren: independementemente de que o mínimo de cortesía di que para facer ese tipo de anuncios, propostas ou ocorrencias habería primeiro que llo dicir aos interesados, vgr. á Xunta de Escola  -a min esa cuestión traeme un pouco ao pairo, que tampouco os “interesados” se caracterizan polo respecto ás formas nas relacións, por exemplo, cos profesores asociados- atrévome a facerlles, xa postos, e sempre co maior respecto e consideración, un par ou tres de propostas, como mínimo igual de operativas e sensatas que as súas:

1.- Que, se queren aforrar nestes tempos de recurtes, o primeiro que deberían facer e deixar de pagar favores a base de sacar prazas e prazas de catedrático de universidade. Por se non lembran o concepto alxébrico de “igualdade”, adiántolles que un catedrático fai, no mellor dos casos, o mesmo ca un titular pero cobra “máis, bastante máis”, que é o contrario de “menos, bastante menos”.

2.- Que se quedan bastante curtos. Tendo en conta que o señor vicerreitor debe pensar que, total, un carballo é como unha leituga pero a lo bestia, deberían integrar tamén a enxeñería de minas -aproveitando que pedras e leitugas non sinten nin padecen- e falar coa conferencia episcopal para que a cousa fundida resultante pase a depender da facultade de teoloxía, que de todos é sabido que a paciencia é virtude cristiá.

2.- Xa postos a fusionar, fundir ou afundir titulacións, deberían agrupar veterinaria con medicina ou microbioloxía con alfabetización. En calquera dos dous casos estariamos a falar de disciplinas ben cercanas, sempre de acordo cos seus estándares.

O único consolo que me queda é que todo o proceso este de “reformas” é o equivalente ao de empregar a dinamita e o caterpillar, para despois poder construír dende cero. Despois de que esta peña deixe o tenderete como un erial, ao mellor os meus biznetos sonche algo máis sensatiños.

Que que penso deles? Home, pois que moi partidario non lles son.

E, hala, a rañala. Dito sexa, repito, co maior respecto e consideración.

About these ads

2 Respostas to “Definitivamente comprobado: fan todo o posíbel por asemellarse ao que penso deles.”

  1. starbase said

    Es terrible, se deben poner unas gafas mentales de rompetechos porque es que no tiene otra explicación. Yo propongo que unifiquen el FP de fontanería (ahora ya a saber como se llama) con el estudio ingenieria del medio marítimo. Total, todo es agua y si algo aprendimos del maestro Bruce Lee es que hay que ser water, myfriend.

  2. etxeoquehai said

    Ahí le has dado. El problema no es que sean como niños: es que son como niños con bazookas que se creen Sócrates por haber superado unas “pruebas objetivas” más falsas que tu máquina de rellenar cápsulas de café.
    El día que a alguien se le ocurrar meter mano en el tema de la transparencia universitaria sólo va a quedar el del bar y un bedel, ahora llamado PAS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: