Éche o que hai

Unha ollada crítica (e asocial) ao tenderete alimentario.

O milagre dos vasos de leite (apunte de urxencia)

Posted by etxeoquehai o Marzo 2, 2013

Boas.

Xa sei que están vostedes agardando pola segunda parte da Gastroloxía, pero o día de onte, Faro de Vigo publicou un artigo de Manuel García López -síntoo, pero non hai reseña biográfica e non sei quen ven sendo- que, baixo o suxerente título de “A utopía do leite (I)“, pretende analizar as causas da posíbel ou case segura ruína do sector.

Xa sei que, en principio, o lóxico sería agardar á publicación da Utopía do leite (II) -non sei se haberá unha III, ou unha saga, pero poñamos que non- , pero, á vista de que o Faro non publica hoxe a tan agardada -por min, supoño- segunda parte, e que estou en pleno ataque de ansiedade e onicofaxia, non me resisto a adiantar un par de detalles que me teñen absolutamente flasheado.

Amén de apontar como causante -non solum, sed etiam- da ruína á “mentalidade capitalista destrutiva” de moitos dos gandeiros, este bo señor, onnubilado sen dúbida polo fulgor da flamíxera espada da Xustiza, larga, textualmente, do tirón, sen respirar e supoño que sen pensalo moito: “Un litro de leite puro da para facer 4 de leite desnatado e 2 de semi, por non falar de canto costa a manteiga ou a nata que, como todo o mundo sabe, faise de restos e despois véndena a prezo de ouro“.

Despois de levar media hora rascando o colodrillo, negando primeiro o que vían os meus ollos e procurando despois interpretacións alternativas, chego a unha única e inevitábel conclusión: As nosas vacas son máxicas. Ti munxes un teto, sae un litro de leite e despois, se a queres semidesnatada, largas a palabra máxica -marchando dúas de semi- e, alehop, o leite transmuta en dous litros. E, xa, no colmo da taumaturxia, se o que queres é desnatado, rematas de flipar e tes catro litros. Menos mal que non hai categorías comerciais con menos graxa, que se non rematabamos coa capacidade de almacenaxe do país.

Deixo á marxe -polo de agora- a segunda afirmación -esa de que “como todo o mundo sabe, a manteiga e a nata faise de restos e véndese a prezo de ouro“-  por inexacta: debería ter dito “case todo o mundo sabe”; eu francamente non sabía nin unha cousa -os restos- nin a outra -o ouro-.

Á espera da segunda parte, e como conclusión parcial e irresponsábel pola miña parte, atrévome a dicir que, antes de andar acusando a non se sabe moi ben que de andar a diluir o leite -única explicación técnica da conversión dun litro en catro-, práctica que me temo non é moi legal, sería mellor que ese señor revisase a carga de pilas da súa calculadora. Ou o teclado, que todos sabemos que os carga o diaño.

Dito sexa co maior respecto e consideración.

PS. E conste que este sería un caso paradigmático de información gastrolóxica.

About these ads

6 Respostas to “O milagre dos vasos de leite (apunte de urxencia)”

  1. starbase said

    Estás en forma, ladrón.

  2. etxeoquehai said

    coño, acabo de dicir no comentario anterior que non me teño de pé, profeta….

  3. starbase said

    Es un don. Además, no fotis, que hasta BOLT se cansa cuando corre mucho!!

  4. sihomesi said

    http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/03/05/utopia-do-leite-e-ii/768358.html

  5. sihomesi said

    Debe ser este http://manuelgl1994.blogspot.com.es/

  6. etxeoquehai said

    Así me gusta, meu, ampliando labor informativo. Mágoa que agora ando liado. Se iso mañá bótolle unha ollada.

    Un millón de gracias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: