Pulpitos de tierra en caldeirada.
Publicado por etxeoquehai o Marzo 15, 2012
Moi Boas. Como onte comprei o derradeiro mañuzo e, aínda que estaba un tanto pocho, dicen por aí que non hai que destragar a comida, velaquí teñen o resultado en forma da miña comida para hoxe. Os pulpitos de tierra están, como ven, cocidos, acompañados dunhas pataquiñas (de Bergantiños) e un prebe formado por aceite (Arbequina, pero do barato), allo fritido (de Castela e León), pementón doce (de La Vera; gracias, Óscar) e un chisquiño de vinagre (de Xerez). Amargan, coma sempre, aínda que algo menos que os grelos. A dozura do brócoli non a din atopado, xa o sinto, debe ser o tabaco.
Hai unha semana a comida sería propia de menestrais un tanto paletos coma min, e chamada couve con allada, pero hoxe a cousa ten moito máis glamour e é propia de altogastrónomos. Por iso chámase Pulpitos de tierra en caldeirada tépeda. Iso que gaño.



starbase dixo
No quiera ud. realizar una búsqueda en google con ‘pulpito de tierra’… porque -enhorabuena por su SEO sale ud. tercero- pero precedido por una receta que quita el hipo:
http://lacocinadebruja69.blogspot.com/2010/05/ingredientes-espaguetis-partidos-por-la.html
Arghhhhhhhhhhhhhhhhhh :S
eSedidió dixo
Ossssstiasssssssssssssssss que miedo!!!!
Y ya lo siento, pero acabo de escalar al primer puesto en el coso ese, por lo menos en plural. El singular “pulpito de tierra” está ocupado por los amigos de GastroyCia, que a lo que se ve, tb han picado.
Cris dixo
eSedidió, éstas son as berzas que ten miña nai na leira!!!!! E, que por certo, a min non me gustan moito, pero ó estar lonxe da casa, agora ata as boto de menos.
Dá gusto lerte, jejejeje.
Un saúdo!
Cris.
eSedidió dixo
Cris, xa sabes, dille á túa nai que o que ten na leira non son berzas senón pulpitos de terra, pero cando llelo digas sácalle unha foto. Prometo por unha vez mirar o voso feisbus cando a publiquedes
angela dixo
Pues y si añadimos un choricito de León picante…uhmmm
eSedidió dixo
No sé yo…. habría que preguntarle a los rescatadores si el pulpito con chorizo es cool o no es cool. Hay que tener en cuenta que a lo mejor estropea el efecto ese de dulzor/amargor.
Yo por si acaso pruebo la próxima vez, pero será el año que viene.
Miguel Vila (Colineta) dixo
Home, a estas horas e coa fame que vai, esa foto é un atentado. O meu teclado bota chispas, que o mollei todiño… coa saliva.
eSedidió dixo
Eu sempre souven que era vostede un amante do polbo, don colineta.
angela dixo
El choricito bueno – sabiamente utilizado- y digan lo q digan los rescatadores no estropea …pero bueno si tuvieramos q traducirlo a su idioma, pues decimos que: da alegría al amargor y profundidad a la nota de dulzor ¡y listo!
anda… y resulta q hay alguien por ahí amante del polbo…
bueno,.. aunque sea con b
colineta dixo
Non hai nada coma un polbo picante, mestre.
eSedidió dixo
Ángela, no creo yo que lo del chorizo picante de León sea nada cool, ni nada friendly, ni nada nada. Lo que está es cojonudo, pero de eso no hablaba.
Y por aquí se suele tener mucha afición al polbo. Mismamente al polbo a la muradana
angela dixo
Ale, vaya forma de enviarme al diccionario o a la wikipedia …
eSedidió dixo
Muradana? Quise decir mugardesa. Esto empieza a ser preocupante…..
alvarez dixo
Gracias pola foto. Comulgo co que dixo Cris .Este pijos con tal de non decir que comen berzas chamanlle o que lles peta, iso si, “de la tierra”, Como di Luis, un amigo, gay para sua sorte, ¡canta mariconada,meu!.
eSedidió dixo
Non sei por que pero non lle vía a vostede comulgando con nada, e menos con berzas.
alvarez dixo
Ahi colleume. Ista puñetera educación católica rexurse coma o Guadiana. De penitencia poreime a releer a Bakunin, o seu Deus e o Estado. ¿Absolverame logo?.
Con dios!