Vergonza allea.
Publicado por eSedidió o Xuño 25, 2011
Boas. A estas horas estase a elixir o novo Director Xeral da FAO. Dentre os seis candidatos figura o ex ministro de exteriores español Miguel Angel Moratinos, diplomático de profesión e agora parado de luxo.
Penso que nalgunha ocasión xa din conta da miña opinión verbo desa organización internacional, caracterizada pola súa superabundancia de burócratas, a súa romana sede (como o papado) e por combater a fame no mundo pola vía de excretar milleiros de toneladas de documentos, estudos, informes, memoranda e demais, que para a fame moito non servirán, pero seguramente darán de comer a un bo feixe de publicitarios e empregados no sector das artes gráficas. Á vista do dito xa suporán vostedes o meu nulo interese polo resultado da elección, e a miña aínda menor esperanza de que esa elección, sexa cal for, contribúa no máis mínimo a loitar contra o principal problema que afecta ao conxunto da Humanidade.
No entanto, fun e piquei, levado da miña incurábel curiosidade, e boteille unha ollada á paxina web oficial da candidatura de ese insigne diplomático, ansioso por saber cal serían os seus méritos ocultos no eido da agricultura, ou polo menos, se quen lle escribira o programa tiña unha idea sequera superficial das estratexias a seguir.
Pois ben: o problema non é que o eslogan que adorna o seu frontispicio (Seguridad Alimenaria Ya y Para Todos) resulte baleiro e tópico. Polo menos non escribiron “para todos y todas”. Nin sequera que ese eslogan resulte contraditorio coa lectura do programa (proponse o obxectivo de acadar a seguridade alimentaria…..para o 2050). Tampouco que o programa en cuestión non teña unha soa idea orixinal, ou cando menos concreta.
O que me resulta de vergonza allea non é iso, meus, senón que, na páxina principal, aparezan, con grande alarde tipográfico, as declaracións dos principais supporters da candidatura. E, quen son? Admirábeis cientifícos, algún Nobel quizáis? Non. Algún político de altura, deses carismáticos? Tampouco, a non ser que alguén cualifique así a o ex presidente mexicano Calderón.
Os apoios á candidatura de Moratinos á Dirección Xeral da FAO están encabezados por….. Sergio Ramos, Tiago Mendes, El Kun Agüero, Diego Forlán e…. pásmense…. Cristiano Ronaldo!!!!!. Todos eles adalides da loita contra a fame do mundo e a seguridade alimentaria xa e para todos (e todas). Xa non digo máis nada.
Bueno, si. Que afortunadamente supoño que Moratinos, se hai algo de sentidiño, rematará por optar ao cargo de embaixador da U.E. en Ulan Bator. E que dan gañas de …. mellor calo, que despois pasa o que pasa.
Actualización: A FAO elixiu hoxe a José Graziano da Silva, enxeñeiro agrónomo brasileiro, ex Ministro Extraordinário de Segurança Alimentar e Combate à Fome do primeiro Goberno Lula. A súa candidatura contou co apoio do propio Lula, pero non consta o de Kaká. Moratinos caeu na derradeira rolda, seguramente por non ter contado con ningún xogador do Barça. Imperdoábel.


Dizdira Zalakain dixo
La vergüenza ajena que provoca la FAO y, en general, toda la ONU es el resultado del contraste entre los altos cometidos que supuestamente deben afrontar y la hoy ya nula capacidad ejecutiva que poseen para afrontarlos. Estos organismos están despojados de cualquier poder del que pudieran haber gozado en un tiempo y si existen es para que no resulte tan evidente que, por ejemplo en la FAO, Monsanto manda bastante más que los ministerios de agricultura de 200 países juntos o que, en el Consejo de Seguridad, BP o Elf son quienes deciden qué países hay que someter a bloqueo, exclusión aerea o invasión. Por eso da exactamente igual qué monigotes colocan en estas instituciones. Solo están ahí para hacer su papelón, Basta con que sean tontos o se lo hagan sin rechistar. Por eso también es normal que los avales para estar ahí sean futbolistas. Al fin y al cabo es una institución con valor puramente mediático y ya saben que hoy día solo son capaces de creer que de verdad sirven para algo los mismos que ven normal que a Moratinos lo promocione Ronaldo.
Además ¿qué te han hecho los pobres mongoles -que me caen muy bien, por cierto- para mandarles al tipo ése? En la FAO está mejor. O en Sálvame Deluxe.
eSedidió dixo
Embajador de la ONU en la futura colonia lunar, quizá? Es que mucho me temo que como estuviese en la FAO iban a organizar un nuevo torneo de futbol contra el hambre, lleno de himnos y tipos agarrándose el corazón.
Recomiendo encarecidamente ver los videos de los futbolistas pidiendo el voto “para acabar con el hambre en el mundo”. Eso si que es para indignarse. Y despues de una noche de sueño reparador y por lo tanto más lúcido, he llegado a la conclusión de que la cosa sólo tiene una explicación: la directora estratégica de campaña es Leire Pajín.
starbase dixo
Pues por cuatro míseros votos no sale el candidator!! Ganó el brasilero que por lo menos ya se dedicaba al tema.
De verdad que da todo un asquito…. Ya tiene razón Dizdira que en realidad se pone a figuras más decorativas que las de Lladró, pero joder no cuesta nada decorar con algo de gusto.
eSedidió dixo
La verdad es que no tenía ánimo para extenderme, pero el tema da mucho de sí en buenas manos. Además de la historia esta de los futbolistas figura por ahí el apoyo institucional del Real Madrid, según ellos entidad siempre combativa en el tema del hambre.Y el programa del candidato Moratinos no tiene desperdicio como ejemplo de discurso/referente; desde la sostenibilidad al papel de la mujer. Lo mismo da que se trate de una candidatura para la FAO que de la exposición de motivos de la ley de economía sostenible. Por no comentar la manera de pasar sobre/por encima de la cuestión OGM: una vaga referencia al mantenimiento del patrimonio genético, y eso es todo. El discurso del candidato, además, hacía referencia al tema de la “renovación” frente al “continuismo”, como si se tratase del congreso del PSOE. Todo un ejemplo.
En cuanto al ganador, no me suscita más que indiferencia. Es más de lo mismo. Aviados estamos.
F. Míguez dixo
Pois eu nin imaxinaba que para esas cousas tan serias, pomposas e institucionais se fixeran campañas coma as das sedes olímpicas. Menos mal que non dan moito a brasa na tele, porque nos, facer, coido que non podemos facer moito… a ese nivel, enténdase.
F. Míguez dixo
Por certo ¿botóns de twitter e facebook, xefe?
eSedidió dixo
Para min non mire, élle cousa do wordpress, que son uns modelnos. Polo que vexo aparece un “iniciar sesión” de tuiter e feisbús. Eu non premería, por se acaso.