O dazibao filantrópico. Gastronavalladas.
Publicado por eSedidió o Xuño 8, 2011
Boas. Teño que recoñecer que dende hai algúns días estou nun perpetuo vivo-sin-vivir-en-mí. O meu desacougo non ven da crise, nin do resultado das eleccións, nin dos indignaos, nin da inconclusa procura do becho teutonicida, senón de algo moito menos prosaico e infinitamente máis dramático: ESTÁN EN GUERRA, MEUS!!!. Andan a voar coitelos, tesoiras, machetas, tixolas, potas e ata algún que outro kit de esferificación. E, ao paso que imos, o Gore Cooking vai substituír ao Spanish Taste: xa non cómpre introducir as morcillas ou as filloas na cociña de autor para que na carta figure a hemoglobina.
Polo que me conta algún amigo do gremio, a cousa ven de lonxe, pero ata de agora mantíñase agachada, con sucedáneos en forma de civilizadas picaditas nos foros de entendedores. Pesaba moito máis, polo que se ve, a defensa da teta común que as importantes diferenzas ideolóxicas que suscita, que sei eu, se o pil pil é pil pil se ún o fai fozando cun coador ou hai que darlle ao brazo. Tampouco creo que sexa baladí o feito de que, ate hai un par de anos, estabamos -estaban- a vivir a época dourada da compulsión cuchipándica -a versión pantagruel do “a-ver-quen-mexa-máis-lonxe”-: as contas de gastos das relucentes empresas inmobiliarias, das TIC e da publicidade –sen esquecer o rule de cartos en B procedentes da corrupción político/urbanística ou directamente da fariña-, xunto cunha dinámica de consumo que impulsaba á procura da exclusividade por parte d@os devorador@s de suplementos semanais e revistas de estilo en xeral, forneceron as contas correntes dun grupo de afortunados coleccionistas de estrelas, soles e demais corpos celestes da galaxia gastronómica. E máis aínda, as de comunicadores, ideólogos, gastrocríticos, creadores de tendencia e resto de fauna coprófaga que foi medrando ao abeiro deste fenómeno.
Pero, ai, meus, en esto llegó la crisis y mandó a parar. Nin cartos en B, nin cartos en A, nin peto das ánimas, nin gastos de representación de concelleiros…. E, chegado o momento das prazas baleiras e dos balances que non cadran, a estupidamente autodenominada mellor cociña do mundo expón as súas vergoñas urbi et orbe. Algún día lonxano un antropólogo con tempo libre fará o reconto da colleita de despropósitos nos que foi caíndo ao longo deses ledos días de viño –vintage- e rosas –en ensalada- que foron os primeiros dousmiles. Eu, filántropo ate a tumba, pensei en aproveitar este recuncho para facer unha crónica póstuma de tortillas deconstruídas, de sensorialidades espertando emocións, de piruletas de pistacho e de fusións -ante todo, fusión, moita fusión- pero seguramente non paga a pena: ao final, todo se reduce ao que dicía a aboa dun amigo, unha señoriña vestida de negro que sempre que vía unha mentecatez na televisión exclamaba: Ai diormío! pero ese rapás non terá unha aboa que lle diga que está a pintar a mona….?
Limitareime pois a pedir a toda esa tropa que deixen o navalleo e vaian preparando un discurso/escusa para que non lles caia a cara de vergoña cando llelo teñan que explicar aos fillos. E, ao mellor, algún día con máis tempo e gañas, imos debullando as gorgoritadas más torpes e máis evidentes desta corte dos milagres, para pasmo das futuras xeracións. Por exemplo, e con ánimo non exhaustivo:
- As verbas de ferro: Discursos máis propios dun prospecto deses que fan nas exposicións de arte para acojonar ao persoal, pero desta levados ás cartas dos restaurantes. Todos coñecemos algún exemplo de arrecendos de bosques de aliagas e sabinas para describir un prato de fuá.
- As chuminadas: Como por exemplo, os discursos made in Aduriz sobre a sensorialidade, o kilometro cero, os ecochefs, as abellas no faiado ou a cociña con metais nobres.
- As falcatruadas: O trato dado á man de obra escrava vía stages, as crebas fraudulentas disfrazadas de metafísica, os escándalos de hixiene alimentaria perdoados por seren cometidos por un parrulo ghordo ou o sorprendente caso do cociñeiro ubicuo.
- …………………………………………….. E poden encher na liña de puntos en plan suxerencia, que a min xa me falla a memoria.
Xa saben. El que avisa no es traidor.
Hoxe temos de novo cancionciña vintage. A edulcorada Sister Golden Hair de America, pasada pola turmix de servidor para darlle un pouco de sangue -hoxe que falamos de navalladas-, que eses rapaces parecían anémicos, os pobriños.


star dixo
En la Tele del Vaticano he visto stripteases más explícitos que los suyos en este post.
¿Quien navajea a quien? ¿Por donde mana la sangre? ¿Quienes forman los frentes? ¿Mueren los generales o como siempre fenece la tropa sin galones?
Que cuando la probeza entra pola pueta el amol salta por la ventana ya lo dijeron los de El último de la Fila.
Ahora lo que queremos es ver el grácil vuelo de los que en esa caida se (ejem) estrellan (ejem) sin remedio.
Y no es que yo me alegre de la crisis, desde luego. Que bastante jodido ando yo con ella. Preferiría que los popes siguieran gozándola en su paraiso que sería síntoma de que a los demas nos llegan las judías.
Pero… ya que nos muestra castamente la rodilla, enseñe el muslo y cuéntenos cosas concretas de como se combate en la Tierra Media!!
Por dió!! Que desde nuestro agujero de francotirador no vemos una mierda!
starbase dixo
Y la canción gana con el meneo, francamente.
El de antes es un servidor, que por alguna razón solo ha tecleado ‘star’ en lugar de ‘starbase’
eSedidió dixo
Xa. Vostede o que quere é sangue. Quere vostede saber os intríngulis da polémica con Santamaria. O papel de Eurotoques, neste e noutros asuntos. Que é o que lle piden a ET os seus patrocinadores. Como e por quen se montan os gastrocongresos e os gastrofora. Por que un montador de eventos cambiou de localidade e dende entón lanza as baterías contra algún cociñeiro da primeira localidade. As relacións dese cociñeiro cun comunicador que arrecende a naftalina e a incienso. Que é o que se está a cocer no BCC. Idem na fundación alicia. Cal é o papel na sombra do megasocio do ex mellor cociñeiro, agora actor de videoclips. Que pasou co socio aquel dos vellos tempos e por que se querelaron os seus herdeiros. Que opinan os compañeiros do actual premio da RAG á mellor chefe de cociña ex-aequo. Por que un cociñeiro afamado arremete agora contra un famoso premio e por que non arremeteu antes. Por que un señor posuidor dun restaurante discutido polos seus clientes acada un posto de moita honra no premio nescafé a un mellor restaurante do mundo mundial.. De que carallo viven os blogueiros con pedigrí.
Eu tamén.
eSedidió dixo
E o de Star non foi un erro: foi o subconsciente.
Dizdira dixo
Me sigo enterando de muy poquito, la verdad. Cuando de estos temas se está medio en Babia como es mi caso cuesta pillar el lenguaje alusivo. Entiendo que no te quieras convertir en el Tómbola del mundo del gourmeteo, pero, claro, a cambio yo me quedo sin poner nombre a todos esos cotilleos que enumeras. Y un cotilleo sin nombres pierde gracia. Lo que no pierde gracia es el consuelo de que la economía basada en la chorrada también acaba con los que se han forrado gracias a ella.
Y, con respecto a la cancionciña, un buen arreglo el tuyo. Literal.
eSedidió dixo
ya sé que queda un poco de tirar la piedra y esconder la mano, pero había empezado el artículo largando y al final lo borré, que se parecía más a un libelo que a otra cosa, y no tengo tiempo estos días para asegurar las fuentes mínimamente. a ver si para agosto (se me está acumulando el trabajo).