O Dazibao filantrópico. De cogombros e de avutres.
Publicado por eSedidió o Xuño 1, 2011
Boas. O outro día preguntábanme pola miña opinión verbo do caso dos cogombros alemáns, que, como saben, está a supor unha crise de consecuencias incalculábeis sobre a produción hortícola do sur, e por extensión, de todo o Estado. Eu din unha breve e pedestre explicación do que entón sabía sobre o tema e da miña libre interpretación sobre causas e consecuencias nun comentario do post anterior. E aí quedaba todo: xa saben que estou retirado disto do blog e só interveño cando atopo algo de interese e/ou me tiran do xenio.
Pero, ai, meus, onte fun e quixen aproveitar as avantaxes das novas tecnoloxías para escoitar en directo a intervención de tres dos meus máis admirados blogueiros nun sarao deses que fan os cociñeiros, desta vez en Zamora, nunha ponencia relativa aos blogues gastronómicos. Ían falar, entre outros, nada menos que o dúo Gastronomía y Cía, o meu gurú Colineta e o grande Xesco, de Gastromimix. Por certo, que se vostedes observan a miña relación de ligazóns verán que, dos cinco blogs gastronómicos que recollo, estaban presentes nada menos que tres, o que demostra sen xénero de dúbidas o meu carácter profético e de creador de tendencias. Ao mesmo tempo, queríame demostrar a min mesmo que era capaz de escoitar unha ponencia e simultaneamente fedellar nun excel sobre os datos de execución dunha obra, o que, por certo, resultou ser rigorosamente falso.
Pois ben: despois de escoitar as breves intervencións dos ponentes, e previamente ao inicio do debate, a organización amosou urbi et orbe as gravacións das mensaxes dunha serie de gastropopes aos asistentes, o mesmiño que nos Goya, que xa saben o que farda iso. E, ao igual que nos Goya, os contidos eran o mesmiño de insubstanciais (home, se acaso chamoume a atención que un par ou tres de popes manifestaran a súa solidariedade cos asistentes; supoño que sería un reflexo condicionado pola #acampadasol) ata que chegou a intervención dun tal Mikel Zeberio (non teño o gusto, pero é que eu sonlles un inculto), que polo que despois mirei por aí é un ex cociñeiro agora metido a crítico, que erroneamente era identificado no video como xornalista gastronómico – non sei se el se ten por tal, pero é que eu son un antiguo e non lle recoñezo a cualificación a quen non dispón de título ou carnet acreditativo-. Pois ben: este bó señor, nunha intervención dun minuto e medio, deixou -supoño que conscientemente- dúas perlas merecedoras de análise sesuda e que recollo textualmente:
- Cualificou aos blogueiros de “esos polluelos que están un poco debajo de las alas de la gente mayor del mundo gastronómico“. Obviamente, a xente maior do mundo gastronómico deben de ser el e máis os seus amigos escribidores nas revistas esas de papel do caro que teñen moitos santos, debuxiños e foticos: cinco liñas pretendidamente serias e enjundiosas cada 100 anuncios e 50 publirreportaxes disfrazados de “información” ou “crítica”.
- Non contento co anterior, o bó señor permitiuse o luxazo de recomendar aos blogueiros ponentes “que hablen sobre todo de algo importantísimo, que es la formación de los bloggers. No puede ser que yo no hable de valores, de la Bolsa, de las acciones, y cualquiera, hoy, hable de gastronomía, sin saber distinguir un puerro de un ajete“.
O máis sorprendente do caso foi que a ningún dos tres blogueiros aos que antes fixen referencia se lle moveu un pelo do bigote, seguramente por seren infinitamente máis educados ca min -e que o bó señor- ou por coñeceren mellor ca min ao individuo en cuestión e estaren polo tanto curados de espanto. A outra ponente, unha rapariga social-net-victim autocualificada como rubia natural -pero que esqueceu naturalizar as cellas, de cor prebe de luras- manifestou o seu acordo coas verbas do indignado, seguramente por ser amiga. E aí non entro, que xa saben como valoro eu a amizade.
De modo que, unha vez asumido o meu novo rol de pitiño con barba tipo Beiras e pertencente a esa enorme granxa avícola que é a blogosfera, paso a dar modesta e iletrada resposta a esas amábeis e intelixentes verbas, con permiso dos ponentes -a intervención do bó señor ía dirixida a todos nós, polo que penso que teño dereito-. Quérolle lembrar a todos que un dignisimo paxaro, de tamaño axeitado para cobixar polluelos, é o avutre, dito sexa sen animus iniuriandi. Avutre, dixen: en español buitre, en euskera sai.
En primeiro lugar: os polluelos que estaban como ponentes -polo menos, os tres que coñezo- teñen un percorrido curricular que xa lle gostaría a ese bó señor adquirir vivindo media ducia de vidas. Amén da mala educación que revela facer ese tipo de afirmacións diante deles e dun montón de público, as súas verbas demostran que a) Non os coñece, ergo sería un pelin ignorante, ou b) Coñéceos e non os valora, ergo sería un moito petulante. Como quero ser breve, non vou facer unha comparativa entre os méritos e as cualificacións do bó señor e de calquera dos tres blogueiros/polluelos, pero aí está o google, e de paso ao mellor apréndese algunha cousa nova. Por exemplo, sobre ornitoloxía.
En segundo lugar: para diferenciarmos un alloporro (allium porrum, das liliáceas) dun allo novo (allium sativum, tamén liliácea) non cómpre saber de gastronomía, senón de botánica. E, fíxense vostedes, estou absolutamente seguro que existen na blogosfera polo menos 500 polluelos -entre eles, eu mesmo, desculpando a inmodestia- que lle poderían dar a calquera xente maior da gastronomía leccións maxistrais sobre alloporros, allos novos, botánica agrícola e se me apuran sobre potxas, todas elas gratuítas. Se a xente maior da gastronomía ten curiosidade, que non dubiden en preguntar, que xa saben que isto está cheo de filántropos.
Por último, se o que o bó señor quería era referirse aos malos blogueiros, e non, por suposto, a eses diginsimos blogueiros que formaban parte da ponencia -fíxense como me adianto aos seus argumentos; ún, que é astuto- voume permitir concordar con el. Fai falla formación. Moita formación. E non só información. Na blogosfera. Entre os polluelos. pero non só. Tamén entre os gastrónomos. E entre a xente maior do mundo gastronómico. E, como o meu propósito é informar deleitando, voulles poñer tres exemplos, referentes ao top ten, a la crème de la crème del mundo gastronómico, todos eles recollidos por estas modestas orelliñas ou por estes modestos olliños, como proba incontestábel de que cómpre formación:
- Exemplo nº 1: “Eso del anisakis sólo lo hay en el pescado del malo; el que sirvo yo es de garantía” (Don Pedro Subijana, na Cadena Ser, en 2005, protestando pola obrigatoriedade de conxelación/cociñado do peixe).
- Exemplo nº 2: “En todos los grandes restaurantes gastronómicos tenemos el APPCC, que da garantías de que todos los aditivos que usamos son legales” (Don Sergi Arola, na Cadena Ser, ano 2009, terciando na polémica/caza de bruxas contra Santamaria).
- Exemplo nº 3: “Tanto fue así que el mes que viene estaremos comiendo buey capado, porque ya tenemos tres parejas“. (Don Juan Maria Arzak, declaracións a La Voz de Galicia, en 2009, vistando Negreira).
Xa ven vostedes: fai falla formación.
De modo que agora que xa sei que son un polluelo, vou ver se lles explico a vostedes algunha cousiña sobre o caso este dos cogombros asesinos que vostedes ao mellor non coñecen, a pesares de contarmos con tanta xente maior do mundo gastronómico. Pero iso vai ser mañá, que hoxe ando con moito lío.


starbase dixo
Grandioso.
También estuve conectado al gastrosarao por las mismas querencias que vostede. Lo que pasa es que el escozor inicial que me produjo la intervención grabada del cocinero quedó enterrada por el posterior debate y no me había vuelto a acordar. Maravillas de la mente humana o bien miserias de la mia particular que no dispone de disco duro suficiente y descarta según que cosas.
Fué una frase muy prepotente.
Describir a los blogueros -y me estoy refiriendo en este caso al 90% de los blogs de cocina: blogs de recetas caseras con un nivel bajo de dificultad- como que no saben distinguir un ajo de un puerro… es no tener ni idea del nivel medio del bloguero. Ah! ¿Que hablaba de un ejemplo concreto y no queria generalizar? Pues entonces me parece que se expreso fatal.
Ahora, si se me pone a discutir sobre el papel del bloguero que hace críticas de restaurantes y tal, sobre el nivel mínimo de formación para hacer críticas o crónicas de visitas a restaurantes… entonces hablemos de eso: de los codazos para mantener la posición en la zona del reparto de los dineros.
Bueno, hablar no hablaremos. Por lo menos yo: ese tema no me interesa lo más mínimo.
Dizdira dixo
Vaya lío. Resulta que es una temeridad hacer un blog de recetas y de qué tal se come en Casa Pepe sin acreditar diploma Michelin, pero eso de abrir un proceso consitutyente por Twitter mola mazo.
eSedidió dixo
# Óscar: que me digan a mí en qué prestigiosa instituación se forma uno para hacer crítica gastronómica… menos mal que vamos a tener el BCC para darle barniz institucional a según que cenutrios. Por otra parte, me gustaría señalar una cuestión de la que se habló en el debate: el presunto miedo de los cocineros a los bloggers. La frase de este señor revela que a lo mejor son otros los que tienen miedo a los bloggers, y no precisamente los cocineros. Y, a lo mejor, porque a veces se deja a mucha gente mayor del mundo gastronómico con las vergüenzas al aire…..
# Dizdira: Qué, arrimando el ascua a la sardina, eh?
starbase dixo
Los codazos entre crítica profesional y blogueros de alta alcurnia son dignos de la NBA por lo menos. Pero como digo, entre ellos se reparten los dineros y entonces se puede entender: es una despiadada lucha comercial. Aunque a mí me aburre.
Personalmente opino que algunos cocineros han comprado el discurso de ‘un señor anónimo al que no puedes pedir explicaciones y que no tiene formación que se permite el lujo de opinar públicamente sin el rigor necesario. Y al que ¿Lo he dicho ya? no se le puede pedir ninguna explicación’.
Y claro, eso que es sanísimo, da un miedo que te cagas.
eSedidió dixo
Aquí lo que hay es mucho cobardica
. Uno ya no sabe cómo provocar para que le lluevan los insultos. A este paso no me va a quedar otra que publicitarme en un club BDSM.