Éche o que hai

Unha ollada crítica (e asocial) ao tenderete alimentario.

O Dazibao filantrópico. Aritméticas indignadas.

Publicado por eSedidió o Maio 23, 2011

Moi boas, meus, aquí de novo dedicados á pura filantropía, despois dunha paréntese incivil, propia sen dúbida dun momentáneo  ataque de senilidade.  Vexamos:

De entre os argumentos máis ou menos afortunados con que nos están a abrumar os chicos da five-little-wolves-revolution destaca polo irritante ún, referido á inxustiza do noso sistema electoral, e concretamente a nai de todas as inxustizas: que Izquierda Unida, cun millón de votos -en realidade foron 963.040, ou mellor dito, 781.287 se descontamos os de Iniciativa, que ía por libre- só obtiveron dous escanos -en realidade 1, polas mesmas razóns-,  mentres que o PNV -que cabróns- con 300.000 votos, obtivo seis, CiU con 770.000 obtivo 11 e o Bloque, con pouco máis de 200.000, obtivo dous. Os mesmos ou semellantes argumentos cos que rosadíez aka que-paletos-sois-los-gallegos castiga aos que teñen a desdicha de atopala na tele e ter o mando a distancia como o seu propio nome indica: a distancia. No caso da monxa alférez foron 300.000 votos e, como todos sabemos a estas alturas ate a saciedade, un -mellor dito, unha- só diputado/a.

No caso da bilbaina -realmente é de Güeñes, pero xa se sabe: os güeñeños nacemos onde nos peta- o argumento resulta atronador, e no do tío Cayo -agora colega Cayo, dende que descobreu a natural elegancia do colo Mao con americana politburó- un pouco polo baixiño, pero non menos evidente: trátase da proba escolástica da existencia dun poder oculto que fai que os nacionalistas, eses pérfidos, teñan collidos ao PPSOE polos mondongos. Falo dos nacionalistas non españois, evidementemente, que como todos sabemos son os únicos que existen. Ao xurdir este poderosisimo argumento nas tertulias radiofónicas, os partícipes -polo que se ve todos de letras, cando non directamene iletrados- adoitan engadir das súa propia colleita un argumento adicional: que neste país votan as hectareas, e que non hai dereito a que o voto dun madrileño valla cinco -ou dez, e ata vinte veces, dependendo do entusiasmo/nivel etílico do experto- menos que o dun paleto -adoitan dicir “de provincias”, que ven sendo o mesmo-. Imos pois ao lío: ensinar deleitando.

Para combater esa terríbel inxustiza, sen recorrer ao incivilizado e pouco europeo método do gaseo colectivo ou da expulsión a zanzíbar, os expertos procuraron -e atoparon- unha solución: fóra provincias. Non quedáramos que una-grande-y-libre? Pois lévese á práctica. Unha soa e grande provincia, obviamente con capital en Madrid, todos empadronados no mesmo sitio e así liberamos a la nación española de chantajistas.

Diante disto, barállanse como argumentos -tamén de letras- que a cousa sería pelín inxusta, que anda o rojerío empeñado en cargarse as provincias e non hai xeito, e que o colega Cayo -e llamazares nin lles conto- debe representar de p.m. aos veciños de Campo de Calatrava, pero que non é moito de recibo que o meu deputado non fale a miña lingua. Nada. Minucias. Pelillos a la mar. Chuminadas.

Imos pois o santo remedio. Modificamos a Constitución e santas pascuas. Pero esquecemos -ai- unha cousa: que os antiespaña son taimados, ruíns, e malas persoas, e que -sobre todo- ao mellor non se deixan. E que van facer? É obvio: ir todos xuntos. Pero todos todos. Polo menos unha vez. Sen que serva de precedente.

Apliquemos o método científico: collemos os resultados das eleccións do 2008 e calculamos o número de escanos cun método puramente proporcional, ou empregando a regla d’Hont, esa mefistofélica e incomprensíbel ferramente posta ao servizo das forzas escuras: se fan a proba observarán sorprendidos que os resultados son virtualmente idénticos.

Vexamos os resultados da revoluçao: Gañaría PSOE (se alguén leva un susto de morte, lémbrolle que emprego os datos de 2008) con 156 fronte aos 169 actuais. Segundo: PP, con 144 fronte a 153. Izquierda unida pasa pois a xogar o papel de nunca debeu perder: o de bisagra. Acadaría nada menos que…. 10 diputados. Anda, coño, non dá para bisagra, nin sequera para parafuso. Rosadíez obtería cifras históricas: 4 escanos, se non fóra polo pequeno detalle de que quedaría ben por debaixo do 3% e mesmo do 2%. En toda canta democracia se estila polo mundo, un a penas 1% deixaría a superrrosa fóra do parlamento. E a antiespaña? Pois…… 36 escanos. Si. Trinta e seis escanos. La cagamos, osssea. Teño que admitir que meto os votos de Bildu, pero é que a estas alturas penso que xa está claro que viñeron a ficar.

A solución de circunscripción única, a efectos de deixar fóra aos inimigos de España e da gloriosa República, resulta igual de pouco práctico que meter os dedos nun enchufe para lucir un bonito cardado. Q.E.D.

O vindeiro día falarei de a cantos votos paletos equivale o dun ilustrado habitante de chamberí. E adiviñen: non lles vai gostar. Nadiña.

E agora imos ao que todos vostedes están a agardar con ansiedade: a cancionciña. Desta un blues. Máis ou menos. Á miña maneira.

14 Respostas a “O Dazibao filantrópico. Aritméticas indignadas.”

  1. starbase dixo

    No me queda claro como usas los datos del 2008 y tienes en cuenta Bildu. Este ejercicio es posible con los datos de la última votación. He llegado a un momento en que con que tu paisano no tenga la mayoría absoluta me despiño a cantazos.
    Así de mal estamos. XD

  2. starbase dixo

    Antes quería preguntar, o sea: ¿Este ejercicio es posible con los datos de la última votación?

  3. eSedidió dixo

    A ver: ya sé que he hecho algo de trampa con lo de bildu. Lo que he hecho es sumar a los votos oficiales de todos los partidos de las elecciones de 2008 los estimados de la izquierda abertzale, entondes ilegalizada, que se contabilizaron como nulos en el país vasco y navarra (doscientos y pico mil)
    En cuanto a los datos, me he currado una tabla en excel con la ley d’hont de 350 filas (350 columnas está por encima del límite de la mierda esa). Si quieres te la mando.

    De todos modos estaba preparando otra con una segunda hipótesis: que los nacionalistas fuesen en dos grupos, en vez de en uno, y que uno de ellos se hubiese llevado más votos que el otro (o sea, siguiendo el parámetro de las europeas). La diferencia sería de un escaño en total (35 en vez de 36)

  4. eSedidió dixo

    Y el ejercicio sería posible hacerlo con los votos del 2011, pero sería idiota, porque resulta absourdo comparar datos de municipales con los de generales, entre otras cosas, por el peso relativo de las candidaturas municipales independientes. Por ejemplo, aquí (en my town) ha ganado con mayoría absoluta una agrupación independiente procastrista (chincha, dizdira :-) ), y esos son imposibles de computar. por cierto, que eso lo saben (y lo callan) todos esos listos que se dedican a extrapolar los datos de unas elecciones a otras.

    Por cierto, que aprovecho urbi et orbe para felicitar desde aquí a UPyD por su éxito en Galicia: un concejal. Y luego nos llaman fachas. Je.

  5. F. Míguez dixo

    Coméntolle aquí destes dous últimos artigos, se lle parece.
    Eu non vou presumir de nada, pero se por algún lado coxeaba o movimento #15M era polo da inxenuidade. Pedir a circunscripción única (ou o mesmo pero con outras palabras) é unha das cousas que avalan tal inxenuidade. Obviamente, mellor iso que nada; mellor que a xente pense que pode facer falgo, e que o intente aínda que sexa por curiosidade, que deixarse estar na casa a mirar o fútbol (p.ex.). Malo será que de todo isto non haxa uns cantos que aprendan algo e tiren para adiante.
    Posto en plan pedichón, habería que facer unha análise estadística (porque para a psiquiátrica, que era o propio, precisaríamos outra titulación) que axude a entender como, municipais tras muicipais, as imputacións por corrupción aúpan ás listas con máis “medallas”.
    Xenial o Street Figting Men (sen preuxízo desta outra).

  6. eSedidió dixo

    Era o Street Fightin cabreado, Tino. No tocante ao da circunscrición única penso que é algo máis ca inxenuidade: é unha historia que os de IU conseguen que cale como se fose algo máis democrático que o sistema actual. Na miña opinión iso é falaz, e só responde ao interese estratéxico inmediato da formación en cuestión.

    En canto ao do 15M, xa veremos. Os tempos están a mudar e máis cedo que tarde asistirán vostedes (os supervivintes) a moitos cambios. Diso estou seguro. Non sei, penso que agora mesmo as cousas empezan a estar maduras para que as xentes de más de trinta aportemos cousas, supoño que sen acampar, pero pulando da autoorganización. Mágoa non ter tuister para apuntarme á movida. Relea o meu “falo no meu nome”, sobre todo os seus comentarios de entón. :-) .

  7. eSedidió dixo

    No que atinxe ao do voto nas zonas con corrupción, ao mellor ten a ver con que as migallas da corrupción benefician a moita xente. Lembre os casos da especulación urbanística costeira: todo o que tiña unha leiriña fíxose medio rico.

  8. F. Míguez dixo

    Relido está. Ocorre que saio agora mesmo de expedición (de feito, xa vou tarde), e é probable que estea toda a fin de semana con unha conexión de internet desmoralizantes abondo para non ter actividade. Só lle recomendo que busque en http://www.redondelatv.com os vídeos da Asociación de Electores de Redondela, unha candidatura alternativa que sacou un concelleiro chave para o goberno (e non pensan pactar con ningún outro partido, para máis risa). Obviamente, as formas… digamos que chocan un pouco, pero no fondo hai bastante do que se busca. Iso sí (e xa o levo dito varias veces esta semana), isto é anterior ó #15M, será que en Redondela somos vangarda de algo :D non o sei.
    Por certo, que eu non estou metido na AER, que conste, que levo unha tempada moi absorvido noutros proxectos máis persoais, pero paréceme unha iniciativa sumamente plausible.
    Concordo plenamente con vostede en que en todo isto, falta un punto de experiencia, e incluso de tecnocracia (engado eu) para que cualle, pero todo se andará…

  9. Rafael P. dixo

    Hacía tiempo que no me metía en esta web. Pero la visitaré mucho más, visto lo bien que se emplea aquí la lengua gallega escrita.

    Saúde!

  10. eSedidió dixo

    Moitas gracias, pero non sei se dirían o mesmo os galegos ilustrados (por exemplo, escribo gracias e non “grazas”). Agardo que tamén lle sexan de interese os contidos.

    Saúde (e Terra)

  11. F. Míguez dixo

    Cambiando de tema, e porque os técnicos temos unha responsabilidade superior… ¿qué lle parece a vostede o asunto este dos pepinos en Alemania? Tres mortos non son coña ningunha.

  12. eSedidió dixo

    Polo que eu lin non son tres, senón seis, e subindo.
    A min o primeiro que me produce é acojono. A escherichia coli é unha bacteria fecal, presente no noso sistema dixestivo e no de moitos animais. En condicións normais esa bacteria é inofensiva, ou levemente infecciosa. De feito é seguramente unha das bacterias máis estudadas a todos os niveis. As cepas estas detectadas en Alemaña son terribelmente virulentas e polo que eu sei moi resistentes á maioría de antibióticos. E diante diso:
    1.- Polo que eu sei, a fonte máis habitual de contaminación por coliformes en vexetais é a auga de rega. Non quero con iso presupor que neste caso a fonte de contaminación sexa isa, pero en calquera caso sería a máis probábel.
    2.- A cepa en cuestión detectouse agora e en ocasións anteriores só no Norte de Europa, o que contradiría a hipótese de contaminación en orixe, ou sexa, o punto 1.
    3.- A hipótese de contaminación dun palet porque caeu ao chan resulta igualmente pouco probábel, pola extensión da infección. Aínda así, podería ser.
    4.- Habería que coñecer mellor todo o camiño seguido dende a orixe ao consumo para poder obter algo máis de información fiábel.
    5.- Os famosos pepinos eran ao parecer de produción ecolóxica, o que comercialmente supón unha catástrofe para ese tipo de produtos.
    6.- O sistema europeo de seguridade alimentaria segue sen funcionar como quereríamos. En concreto, todo o sistema de rastrexabilidade.
    7- Compriría unha reflexión sobre o uso/abuso de antibióticos (se fose contaminación por augas fecais, seguramente será procedente de animais tratados con antibióticos) en alimentación animal. E indirectamente isto alerta tamén sobre o emprego de marcadores antibióticos en transxénicos. RECTIFICACIÓN: Unha vez identificada a cepa, a hipótese de resistencia inducida esvaécese
    8.- por último, non sei que carallo está a pasar para que periodicamente aparezan crises alimentaria de resultados mortais. Non quero aboar a tese conspiranoica, pero todo isto soa a Estado de Terror.

  13. starbase dixo

    Se agradece a información, porque eu andaba pensando si botar a basura os pepinos que comprei onte no Mercadona. Pero isos de ecológicos… rien de rien.

  14. eSedidió dixo

    Ecolóxicos non, pero mercadona seguramente é unha das comercializadoras que aplican un sistema de calidade máis esixente para os produtos de horta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.