Éche o que hai

Unha ollada crítica ao tenderete alimentario.

Analoxías idiotas.

Publicado por eSedidió on Setembro 29, 2009

E digo eu, da mesma maneira que Porto é Porto e non Oporto, nin O Porto nin El Porto, Coruña non podería ser Coruña e nin A Coruña nin La Coruña, e despois que cada un lle poña o artigo determinado aseghún lle conveña ou lle pareza máis bonito???

Nota Acraratoria para Patxis e/ou  Pachis: Que unha cidade teña dous nomes oficiais está ben (ou non, que niso non me meto), sempre e cando sexan do estilo Vitoria-Gasteiz, Fuenterrabía-Hondarribia ou Pedernales-Sukarrieta, poñamos por caso. A Coruña/La Coruña non son dous nomes oficiais, é unha gilipollez con dous artigos.

Nota Acraratoria 2: Se insisten na gilipollez, que primeiro cambien a lei, non sexa que nos dean ideas aos contribuíntes e decidamos de motu propio aplicar criterios de conveniencia ao pago do IVE.

6 Respostas to “Analoxías idiotas.”

  1. Sobre la nota aclaratoria: Si nos fuéramos organizando para dejar de pagar impuestos idiotas, a lo mejor las personas tomaríamos el mando de lo que es nuestro, nuestro país, que incomprensiblemente hemos dejado en manos de los que creíamos nuestros representantes, los políticos. ¿Organizamos una teaparty? :)

  2. eSedidió dixo

    Mellor unha fuá party :-)

  3. Cansado dixo

    A politica de Paco Vazquez enmerdou tanto o tema que incluso linguistas reconocidos escriben “Concello de A Coruña”, cousa que é unha barbaridade en galego. A solución Coruña é a mellor.

  4. eSedidió dixo

    Xusto. Poderíamos entrar en disquisicións sesudas sobre se hai idiomas que engaden o artigo a certos nomes (caso do portugués, o galego ou o francés) e outros que non (caso do español), pero iso, tal como están as cousas, non nos ía levar a ningures. Eu simplemente o que quero é que me/nos deixen en paz e que se dediquen a facer aquelo polo que cobran.

  5. Cansado, si decidieran llamar a la ciudad solamente Coruña, a los dos segundos un partido político empezaría a dar la barrila para que se llamara, no sé, Corunha. Como todos estos líos, es algo sin fin.

    El problema no es lingüístico, es político, que son quienes crean casi todos los problemas, porque a la gente le da igual, cada uno dice el nombre de su ciudad como quiere. Imagino que los skaters y raperos dirán Koruña.

  6. F. Míguez dixo

    Ben, hasta hoxe, e durante anos, crin que era o único que pensara nesa solución. O que eu lle diga, conexión cuánteica, :D .

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>