Éche o que hai

Unha ollada crítica ao tenderete alimentario.

Que dura é a vida do profeta

Publicado por eSedidió on Agosto 21, 2009

Boas. Hai pouco tempo, falando da crise do sector leiteiro, escribía: “Leo agora mesmo que na sede do Ministerio algunhas organizacións agrarias, as Cooperativas, a industria e parte da distribución veñen de asinar un acordo para resolver o problema en base á xeneralización dos contratos homologados. Non quero exercer de cenizo, pero, á vista do perfil de parte da peña asinante, e do escrito arriba, a ver o que dura……”.

Pois iso, durou o conto un mes e unha semana. A excusa, por agora, é que a marca fluvial de leite non está integrada na FEPLAC, patronal do sector das industrias asinantes do convenio. A Xunta neste caso chámase andana porque, a pesares das axudas públicas, seica é un conflito entre privados. E a distribución que, de acordo co que se dixo, tiña que reservar nos andeis espazo preferente para as industrias que mantivesen contratos homologados, segue ao seu, ou sexa, a vender marcas brancas. E o que dicía nese post, o de facer constar a orixe no envase debe ser propio de xentes amargadas coma mín.

O dito, que é moi dura a vida do profeta……

PS. Como curiosidade: existe por aí unha marca de leite que alardea de ser a única exclusivamente galega. Eu pregunto: de quen é a segunda marca que anda por aí a venderse a pouco máis de 50 céntimos nas grandes superficies de dentro e de fóra de Galicia? miña? Galega non sei se será, pero barata de máis….

7 Respostas to “Que dura é a vida do profeta”

  1. Xaquín dixo

    Non lle digo que cante aquelo de “teño unha vaca…”, pero noto que últimamente non nos anima coa súa voz encovertada.

  2. eSedidió dixo

    Tomo nota….Pero conste que xusto no post anterior a este iba unha nova. Témome que perdeu vostede a conta, con tanto vaite amodo.

  3. alvarez dixo

    Pois tomeille a palabra.Por certo se pica na páxina do noso guru, non dá saido o seu recuncho. E o que íamos “unha marca de leite que alardea de ser a única exclusivamente galega” acaso é a Feiraco?. Porque dame un disgusto. Sempre que vou o hiper a comprar as caixas de leite para toda a tropa vou por a por ela directo. ¿teño que volver a comerme o coco para ver que marca merco?.¿xa nin Feiraco é fiabel?

  4. eSedidió dixo

    Boas e benvido, Alvarez (non e cousa do gurú; é miña, que son torpe poñendo ligazóns…). A ver: Coñece vostede otra marca que faga eses alardes de ser a única galega? Non? pois iso. E que conste que eu non cuestiono que non sexa certo que esa marca só envase leite galego. O que digo é que esa mesma marca ten unha segunda marca (clique na ligazón e non me tire da lingua) que se vende nos andeis dalgunhas grandes cadeas a prezos por baixo do razoábel. Se o contido desa segunda marca procede da terra chá ou de pernambuco, francamente tanto me ten, que o problema ten dúas patas: as importacións e os baixos prezos.

  5. alvarez dixo

    Pois eu, como Alvarez mesmamente, quédome mais tranquilo. Empecei mercandoa porque era dunha cooperativa e habitueime o seu sabor e inda por riba non esta mal de prezo cousa importante para unha familia que funde dous litros diarios. En canto a miña condición circunstancial de galego porque nacer e viver nunha parroquia viguesa, pois que quera que lle diga das importancións e dos baixos prezos, como de tantas cousas, si temos uns compatriotas que defenden masivamente e con uñas e dentes a uns veciños que lles afunden os negocios e o patrimonio, pois,…., lémbrese do dito, a chorar a Cangas.

  6. eSedidió dixo

    Alégrome moito de contribuir á súa tranquilidade alimentaria e patriótica Sr. Alvarez, pero lamento dicirlle que, se vostede compra leite UHT, ou sexa de cartón, tanto lle vai dar que a familia consuma dous litros diarios de leite ou de pichicola, meu. Conste que eu consumo basicamente leite de cartón, pero é que me alimento fatal, e así estou de ghordo.
    Xa sei que é un coñazo comprar leite todos os días, pero a mellor garantía de orixe e de calidade é o consumo de leite pasteurizado; e en Vigo haino. Do leite crú non falo, por agora. Un día destes imos dedicar un post aos lácteos, en canto me recupere da sobredose esloufút.

  7. alvarez dixo

    Xa sei, meu, pero que quere, os rapaces xa andan na idade de facerse pallas e no barrio pechou a única tenda xa fai moitos anos, co cal, por sorte, teño a excusa perfecta do mal pai que un é. De tódolos xeitos xa me fundiron o presuposto e deronme suficente o coñazo de ir o hiper cada tres días a mercar a ditosa leite pasteurizada durante os seus primeiros dez anos. E entre iso e múltiples productos lácteos que se funden, pois asi os teño, feitos uns mangañons que meten medo.
    O que pasa e como vostede exiliouse por eses mundos de dios, pois o mellor ainda pode tomar leite crú, como tomaba a miña nai da vaca que tiñan no cortello.
    ¡Que disjusto levouse o miña aboa cando o bo do meu abo vendeulle a vaca para que deixara de trafegar e frenara un pouco coa lideira!

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>